martes, 14 de septiembre de 2010

INSCRIPCIÓN XORNADAS GACSTRODERÍAS 2010

FORMULARIO INSCRIPCION

Se estás interesado en asistir as Xornadas "GACstroderías", só tes que enviarnos un e-mail a Gacstroderias@gmail.com.

Se pertences o sector Hostaleiro, renvíanos cumplimentado o formulario para poder aparecer no recetario!!!

Os asistentes recibiran un diploma acreditativo.

GAC 6

lunes, 13 de septiembre de 2010

Programa das Xonadas "GACstroderías"


O Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra promove a celebración dunhas Xornadas de Divulgación de Produtos Marisqueiros e Pesqueiros da Ría de Pontevedra, “GACstrodeRías”, que terán lugar do 21 ao 23 de setembro na Finca de Briz, en Marín. Trátrase dunha cita única para coñecer as posibilidades culinarias que brindan os peixes e mariscos de baixura. Cada unha das tres xornadas inclúen unha conferencia/mesa redonda e unha actividade demostrativa/degustación coa participación de restauradores da zona.

Marín é o primeiro concello que acolle esta programación –cuxa dirección técnica foi adxudicada ao Seminario para a Formación e Promoción-Grupo HG&T-, que se achegará aos demais municipios integrantes do GAC (Sanxenxo, Poio e Bueu) de aquí a 2013.

As xornadas comezarán o 21 de setembro. Intervirá o profesor da Universidade de Vigo Xulio Pardellas de Blas coa ponencia “Os recursos de baixura na ría. Comparativa histórica. Análise socioeconómica actual”. A xornada completarase cunha demostración sobre a tecnoloxía máis moderna ao servizo dos establecementos hostaleiros. Tamén se falará sobre a cazapa.

O día 22, celebrarase unha mesa redonda coa presenza de mariñeiros, revendedores e hostaleiros para coñecer a situación actual do sector, e o restaurador Pepe Solla desenvolverá unha ponencia práctica sobre “Puntos de cocción na pescada e outros peixes”.

O xoves 23 celebrarase a ponencia “Fórmulas novas de comercialización para a sustentabilidade da pesca de baixura” a cargo de Antonio García Allut e, como remate, celebrarase unha actividade práctica na que se establecerán as diferencias entre o goberno “Caldeirada” e “Á galega”.

Presentación medios "GACstroderías"

No acto de presentación das xornadas, o alcalde de Marín, Francisco Veiga, incidiu en que estes encontros contribuirán a que os produtos da ría “sexan o elemento diferenciador do noso turismo con respecto a outras zonas que non contan con esta riqueza”. Pola súa banda, o presidente do GAC, José Antonio Gómez, amosou o seu desexo de que a hostalería “se implique co sector do mar” desta zona e promocione os seus produtos.

A xerente do Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra, Laura Nieto, indicou que un dos obxectivos máis importantes das xornadas é que “porán en contacto aos produtores e á hostalería, un dos seus principais clientes”.

Nieto engadiu que estas xornadas serven de complemento ás festas gastronómicas que se desenvolven en cada municipio. Por último, o director das Xornadas, Guillermo Campos, incidiu en que os encontros servirán “para poñer en valor os recursos pesqueiros da Ría” e para animar á hostalería local “a que aposte polos produtos da zona”.

Invitación "GACstroderías"

O GAC Ría de Pontevedra promociona a pesca de baixura cunhas xornadas divulgativas

O Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra celebrará, do 21 ao 23 de setembro, unhas Xornadas de Divulgación de Produtos Marisqueiros e Pesqueiros da Ría de Pontevedra, unha cita única para coñecer de primeira man as posibilidades culinarias que brindan os peixes e mariscos de baixura. Cada unha das tres xornadas inclúen unha conferencia a cargo de expertos na materia e unha actividade demostrativa-degustación coa participación de restauradores da zona.

Marín é o primeiro concello que acolle esta programación –cuxa dirección técnica foi adxudicada ao Seminario para a Formación e Promoción-Grupo HG&T-, que se achegará a todos e cada un dos municipios integrantes do GAC de aquí a 2013. Preténdese deste xeito implicar á cidadanía e ao sector hostaleiro deste territorio na divulgación e promoción dos produtos pesqueiros e marisqueiros que se extraen máis preto da costa.

O GAC Ría de Pontevedra engloba aos concellos de Bueu, Marín, Poio e Sanxenxo e ten como obxectivos fomentar a participación activa dos sectores relacionados co mar na realización de todo tipo de actividades. Preténdese que as accións que se leven a cabo permitan, ademais do desenvolvemento local e o fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesqueiro, a estimulación da innovación e unha diversificación para os profesionais do mar, buscando a continuidade e estabilidade sostible, isto é, máis aló da existencia dos fondos.

.