lunes, 13 de septiembre de 2010

Programa das Xonadas "GACstroderías"


O Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra promove a celebración dunhas Xornadas de Divulgación de Produtos Marisqueiros e Pesqueiros da Ría de Pontevedra, “GACstrodeRías”, que terán lugar do 21 ao 23 de setembro na Finca de Briz, en Marín. Trátrase dunha cita única para coñecer as posibilidades culinarias que brindan os peixes e mariscos de baixura. Cada unha das tres xornadas inclúen unha conferencia/mesa redonda e unha actividade demostrativa/degustación coa participación de restauradores da zona.

Marín é o primeiro concello que acolle esta programación –cuxa dirección técnica foi adxudicada ao Seminario para a Formación e Promoción-Grupo HG&T-, que se achegará aos demais municipios integrantes do GAC (Sanxenxo, Poio e Bueu) de aquí a 2013.

As xornadas comezarán o 21 de setembro. Intervirá o profesor da Universidade de Vigo Xulio Pardellas de Blas coa ponencia “Os recursos de baixura na ría. Comparativa histórica. Análise socioeconómica actual”. A xornada completarase cunha demostración sobre a tecnoloxía máis moderna ao servizo dos establecementos hostaleiros. Tamén se falará sobre a cazapa.

O día 22, celebrarase unha mesa redonda coa presenza de mariñeiros, revendedores e hostaleiros para coñecer a situación actual do sector, e o restaurador Pepe Solla desenvolverá unha ponencia práctica sobre “Puntos de cocción na pescada e outros peixes”.

O xoves 23 celebrarase a ponencia “Fórmulas novas de comercialización para a sustentabilidade da pesca de baixura” a cargo de Antonio García Allut e, como remate, celebrarase unha actividade práctica na que se establecerán as diferencias entre o goberno “Caldeirada” e “Á galega”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

.